Tan so o ar quencia as nosas calugas aquela noite de veran, onde o unico son era o vento entre a ramaxe das arbores...porque se en realidade eisite un deus, ese deus creou aquel lugar para descansar o septimo dia... e ali estabamos, observandonos os uns aos outros coa mirada altiva, esquiva... comprendendonos sen falar, sentindo sen escoitar... porque xa o sentiamos como noso, e pronto o entendimos... o esprito de Tella penetrara en nosoutros sen poder desfacernos del, sabendo que ata o fin dos nosos dias esa luz brilaria no fondo dos nosos corazons... e cando nos tenhamos lonxe, cando case nom nos lembremos esa luz rexurdira na nosa alma coma unha chaga, unha marca imborrabel polo paso do tempo, facendo nosas esas lembranzas de antano, e de novo o ar quencera nas nosas calugas, e tan so escoitaremos o vento entre a ramaxe das arbores...

martes, agosto 10, 2004

Benvidos á páxina das letras

Benvidos a Versovento espazo patrocinado por Tellaceibe, o recuncho web das letras, poemas e cancións...
Aquí atoparedes as últimas letras que a inspiración deu en poñer na miña cabeza... estades convidados a lelas, opinalas e criticalas e, se a inspiración escapou de min e se asentou en vós, podedesmas mandar e aquí serán publicadas... lembrade, vós non perseguides a inspiración, é ela quen vos escolle...

Versovento, versos que corren a prol do vento

1 Comentarios:

Blogger Luz Varela Armas dixo...

Ten boa pinta isto... ;) e non só lerei e opinarei, senón que xa che mandarei eu algo tamén, aínda que ultimamente non ando moi inspirada :S

LuZinHa

11 de agosto de 2004, 2:47  

Publicar un comentario

<< Casinha.