Tan so o ar quencia as nosas calugas aquela noite de veran, onde o unico son era o vento entre a ramaxe das arbores...porque se en realidade eisite un deus, ese deus creou aquel lugar para descansar o septimo dia... e ali estabamos, observandonos os uns aos outros coa mirada altiva, esquiva... comprendendonos sen falar, sentindo sen escoitar... porque xa o sentiamos como noso, e pronto o entendimos... o esprito de Tella penetrara en nosoutros sen poder desfacernos del, sabendo que ata o fin dos nosos dias esa luz brilaria no fondo dos nosos corazons... e cando nos tenhamos lonxe, cando case nom nos lembremos esa luz rexurdira na nosa alma coma unha chaga, unha marca imborrabel polo paso do tempo, facendo nosas esas lembranzas de antano, e de novo o ar quencera nas nosas calugas, e tan so escoitaremos o vento entre a ramaxe das arbores...

sábado, diciembre 04, 2004

Sempre voltas ti

Esgótanseme as bágoas; primeiro o desacougo.
Esgótaseme tamén o riso e o sorriso e oio a túa voz nun eco frío que me di, ”xa non te quero”; primeiro vaise o pranto segundo o esquezo.
Esgótaseme o ar, xa non o trae o vento, xa non volta a entrar nos meus pulmóns desertos; primeiro o mar, segundo o olvido, terceiro o aire en movemento.
E esgótase desta vez a túa voz da miña mente, do meu corazón dos meus anhelos; primeiro vaise a chuvia, despois marchan os medos, terceiro respirar, e cuarto escapas ti, sempre de último ti, que marchas co vento, co ar, cos sons, coas ondas, cos desexos e cun “xa non te quero”.